Johnson, Michael

Johnson, Michael

Atleta estadounidense. Considerado un dos mellores velocistas da historia, foi o primeiro en gañar as probas de 200 m.l. e 400 m.l. nuns mesmos Xogos Olímpicos (Atlanta 1996). Amais, foi campión olímpico de remudas 4x400 (Barcelona 1992), campión do mundo en 200 m.l. (1991 e 1995), campión do mundo de 400 m.l. (1993, 1995, 1997 e 1999) e campión do mundo de remudas 4x400 en 1993 e 1999.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Dallas, Texas