Johnson, Uwe

Johnson, Uwe

Escritor alemán. Foi membro do Grupo 47,   na súa obra experimentou coa linguaxe, o punto de vista e as secuencias temporais. Adoptou e desenvolveu o estilo de W. Faulkner en diversas novelas que tratan dos conflitos xurdidos coa división de Alemaña, como Mutmassungen über Jakob (Conxecturas sobre Jakob, 1959), Das dritte Buch über Achim (O terceiro libro sobre Aquim, 1961) e Zwei Ansichten (Dúas opinións, 1965). Algúns dos seus ensaios publicáronse baixo os títulos xerais de Berliner Sachen (Cousas berlinesas, 1975) e Frankfurter Vorlesungen (Leccións de Frankfurt, 1980).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cammin, Pomerania

  • Deceso

    Lugar : Sheerness, Inglaterra