Jones, Iñigo

Jones, Iñigo

Arquitecto. Protexido polo conde de Pembroke, viaxou a Italia, onde adquiriu obras de A. Palladio. Escenógrafo da corte inglesa, foi inspector das obras reais (1615) e difundiu o palladianismo en Inglaterra. Construíu a Queen’s House en Greenwich (1616-1635) e o Banqueting House de Whitehall en Londres (1619-1621), e deseñou a praza do Covent Garden de Londres, coa fachada e o templo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Londres

  • Deceso