Joyce, James Augustine

Joyce, James Augustine

Escritor. Foi un dos autores máis innovadores na creación lingüístico-estilística, e un dos máis radicais e sólidos da literatura contemporánea. Iniciouse coas novelas Dubliners (1914) e A Portrait of the Artist as a Young Man (1916). En Ulysses (1922) ofrece unha fonda exploración dos recursos lingüísticos, esquematizada e organizada en diversos graos; o autor describe cunha gran riqueza de recursos tanto a traxectoria psicolóxica dos personaxes como o contexto exterior no que se moven. En Finnegans Wake (1939) chegou ao extremo da súa exploración lingüística. É notoria a súa influencia en diversos escritores modernos. En agosto de 1926, R. Otero Pedrayo publicou no nº32 da revista Nós, algúns fragmentos do Ulysses, que constituíu a primeira tradución que se realizaba en calquera das linguas peninsulares.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Rathgar, Dublín

  • Deceso

    Lugar : Zúric