Juni, Juan de

Juni, Juan de

Escultor. Establecido en Castela ao redor de 1533, instalouse en Valladolid. Xunto con Alonso Berruguete é o representante principal da escola castelá do segundo terzo do s XVI. É autor de dous Santo Entierro (Valladolid, 1539; catedral de Segovia, 1571), do retablo da igrexa de La Antigua de Valladolid (1545-1562), e do de Burgo de Osma (1550-1554). En Galicia atribúenselle a Virxe da Esperanza, de Santiago de Allariz, e a Inmaculada, do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Joigny

  • Deceso

    Lugar : Valladolid