León IX, san

León IX, san

Papa (1049-1054). De nome Bruno de Dagsburgo, e parente do Emperador Enrique III, esforzouse por redirixir a disciplina eclesiástica, coa condena da simonía e o nicolaísmo, mediante os sínodos de Pavia, Reims e Maguncia. Condenou a doutrina eucarística de Berenguer de Tours (1050). Os últimos anos do seu pontificado estiveron marcados pola desfeita fronte aos normandos (1053) e o Cisma de Oriente coa Igrexa ortodoxa (1054). A súa festividade celébrase o 19 de abril.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Egisheim, Alsacia

  • Deceso

    Lugar : Roma