Lucknow ou Lakhnau

Lucknow ou Lakhnau

Capital do estado de Uttar Pradēsh, India (2.207.340 h [2001]), situada á beira dereita do río Gumti, ao NL de Kānpur. Desenvolveuse extraordinariamente grazas á creación dun potente centro industrial, de fabricación de calzado, de papel, de produtos químicos e farmacéuticos, de material ferroviario e de tecidos.