Luís Gonzaga, san
Luís Gonzaga, san
Xesuíta italiano, fillo de Fernando Gonzaga, marqués de Castiglione. A lectura de frei Luís de Granada influíu na súa relixiosidade e, aos 17 anos renunciou aos seus dereitos como herdeiro e ingresou na Compañía de Xesús (1583). Morreu contaxiado polos enfermos de peste aos que asistiu en Roma. Na iconografía viste sotana negra e roquete, e leva como atributo persoal unha azucena, un crucifixo ou unha coroa sobre un cranio. O Papa Bieito XIII canonizouno (1726) e proclamouno patrón da mocidade. A súa festividade celébrase o 21 de xuño.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Castiglione delle Stivere, Mantua -
Deceso
Lugar : Roma