La Fontaine, Jean de

La Fontaine, Jean de

Poeta e narrador francés. De orixe burguesa, publicou primeiro unha adaptación de L’eunuque (1654) de Terencio, e poemas de circunstancias, de agradecemento a Fouquet, Aux nymphes de Vaux (1661) e Ode au roi (1663). Entre 1665 e 1674 publicou os seus Contes, inspirados en narradores italianos e franceses, e as primeiras escollas de fábulas: as seis primeiras apareceron en 1668 co título de Fables choisies mises en vers. Dez anos máis tarde seguiron os libros VII e VIII; en 1679, os IX, X e XI, e, finalmente, en 1693, o XII, onde tentou dar unha nova forma, que supera pola versificación as composicións dos autores antigos, como Isopo ou Fedro. Servíndose dos animais, esbozou unha moral discretamente epicureísta. As fábulas, nos últimos libros, manifestan un pensamento máis maduro, unha intransixencia máis forte ante os vicios da humanidade, un elevado aprecio da amizade e tamén a curiosidade por temas filosófico-científicos. Foi membro da Académie Française desde 1684, onde leu Discours à Madame de la Sablière o día da súa entrada.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Château-Thierry, Champagne

  • Deceso

    Lugar : París