Labrador, península do
Labrador, península do
Península do NL de Canadá, situada entre o Océano Atlántico ao L, o estreito de Hudson ao N, e a baía de Hudson ao O. É a parte máis elevada do escudo canadense (Torngat, 1.675 m de altitude). A costa é moi recortada e con numerosos fiordes. O clima é moi frío e a vexetación é de taiga e, ao N, de tundra. Os poucos habitantes (esquimós) viven da caza e da pesca. Ten importantes recursos mineiros. Descuberta por Giovanni Caboto en 1498, pasou ao poder de Reino Unido pola Paz de París (1763), ao de Canadá en 1774 e á xurisdición de Terranova en 1809. A partir de 1949 a parte NL da península formou parte da provincia de Terranova e o resto da provincia de Québec.