Ladra

Ladra

Río afluente do Miño pola dereita. Nace na parroquia de Pígara (Guitiriz) da confluencia dos ríos Trimaz e Labrada, que drenan, respectivamente, as contrafortes meridionais da serra do Xistral e a serra da Loba. O seu curso adopta unha dirección N-S coa que penetra no concello de Begonte, nel, no límite entre as parroquias de San Martiño de Pacios e Bóveda, captura o río Parga e vira cara ao SL ata chegar ao concello de Outeiro de Rei, onde desemboca despois dun curso de 20 km de lonxitude.