Lafon, René

Lafon, René

Lingüista occitano. Profesor en Pau, interesouse polo estudo do éuscaro e das linguas caucásicas. Desde 1948 foi catedrático de éuscaro na Universidade de Bordeos. Defendeu o parentesco do éuscaro coas linguas caucásicas. Os seus traballos reúnen estudios de lingüística, filoloxía e gramática. Cómpre destacar as súas investigacións sobre o verbo éuscaro, que iniciou coa súa tese Le système du verbe basque au XVIe siècle (1943) e os estudios de vocabulario, tanto éuscaro como xeorxiano ou caucásico en xeral; de literatura, con traducións de poetas vascos ou mesmo xeorxianos; e   do folclore. En 1953 foi nomeado membro titular da Euskaltzaindia (Academia da Lingua Vasca) e, en 1969, doutor honoris causa da Universidade de Tbilisi (Xeorxia).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Merinhac, Gascoña

  • Deceso

    Lugar : Arcaishon, Gascoña