Lafont, Robert

Lafont, Robert

Escritor e lingüista francés. Profesor na Universidade de Montpellier ata 1986, destacou na defensa do occitanismo e participou na fundación do Comité Occitano de Estudos e de Acción. Ten unha obra moi fecunda, que presenta dúas liñas esenciais e integradas: unha de divulgación doutrinal en francés, con obras como La révolution régionaliste (1967) ou Sur la France (1968); e outra propiamente de creación en lingua occitana, da que La vida de Joan Larsinhac (1951) constitúe o punto de partida da verdadeira novela en occitano e tamén unha ruptura total coa tradición folclórica anterior. Tamén produciu teatro de animación social (La Croisade, 1983) e publicou estudos sociolingüísticos (Le travail et la langue, 1978). Da súa produción destacan, ademais, Anthropologie de l’écriture (1984) e La nation, l’état, les régions (1993). Traduciu A Odisea de Homero ao occitano.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Nîmes

  • Deceso

    Lugar : Florencia