1 lagarteiro -ra
(< lagarto)
-
adx
Que caza lagartos.
-
adx e s
Que ou quen obra con enxeño ou mesmo con malicia para sacar proveito de algo.
-
[ANIMAL/ORNIT]
-
s
m
Ave rapaz de pequeno tamaño da familia dos falcónidos, de plumaxe avermellada con manchas negras e co bico e as unllas negros e fortes. Presenta un forte dimorfismo sexual, sendo a femia de maior tamaño ca o macho, e con distinta coloración. Xeralmente aniñan en construcións humanas derruídas ou en uso. O seu rasgo máis característico é a capacidade de peneirarse sobre a zona onde caza e, unha vez localizada a presa, atrapala cun voo en picado coas ás cerradas. En Galicia atópase doadamente o lagarteiro peneireiro (Falco tinnunculus), pero non así o lagarteiro buxarelo (Falco neumanni), do que hai moi poucas citas. OBS: Tamén se denomina bailarete.
-
lagarteiro buxarelo [port: Peneireiro-de-dorso-liso; cast: cernícalo primilla; ingl: lesser kestrel] [Falco neumanni, Fam dos falcónidos]
É unha das rapaces máis pequenas de Europa (30 cm nos machos e 35 cm nas femias). De forma estilizada, o voo é menos peneirado pero máis planeado ca o do lagarteiro peneireiro. Ten o lombo pardo-vermello, sen pintas, e presenta unha distintiva mancha de cor azul pálido nas plumas cobertoiras. A femia ten as garras de cor pálida. Aliméntase principalmente de insectos. Cría formando colonias, en tellados, ocos de muros altos e acantilados. Atópase en edificios vellos ou gorxas rochosas, pero cazan en campo aberto. É frecuente atopalo vivindo en cidades. Distribúese por Europa, Asia e África mediterráneas. No verán aparece na Península Ibérica agás no N e no O. En Galicia cítase na provincia de Ourense pero non se ten constancia da súa cría.
-
lagarteiro peneireiro [port: Peneireiro-de-dorso-malhado; cast: cernícalo vulgar; ingl: kestrel] [Falco tinnunculus, Fam dos falcónidos]
Ave rapaz pequena, de 33 cm os machos e 39 cm as femias. O macho adulto ten a cabeza agrisada con bigoteira escura, partes dorsais e plumas cobertoiras castañas con pintas, e a parte exterior das ás é escura. O sobrecú e a cola son grises, rematando esta última nunha franxa escura co extremo branco. A femia ten o lombo e as ás pardo-vermellas, a cola vermella e, por riba, ten unhas barras escuras moi contrastadas. O ventre é pardo e, nas femias, presenta unhas rechamantes pintas formando liñas. Os dous sexos teñen as garras negras. Aliméntase de insectos, lagartas, lagartos e pequenos roedores. Habita zonas de cultivos e zonas arborizadas abertas, e cría en niños de córvidos e pombos, en acantilados ou canteiras abandonadas. Moi estendido por Europa, Asia e África, en Galicia atópase en todo o territorio. É unha especie moi popular, aparecendo en contos e cantigas populares.
-
s
m