Lago

Lago
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que se estableceu en Doniños, preto do lago que os antigos tratadistas chamaban lago de Trasancos. Outras casas secundarias establecéronse en Cedeira e Maside. As súas amas traen, en campo de goles, unha árbore ao natural, sinistrada dun galgo de prata, rampante e apoiado ao tronco da árbore; o xefe de azul, con tres estelas de prata, postas en faixa. Outra variante trae, en campo de azul, un castelo de prata sobre un lago; en cada cantón do xefe, unha flor de lis de ouro.