Laguna, La

Laguna, La

Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, ao N da illa de Tenerife, nunha chaira drenada artificialmente (128.822 h [2001]). É unha zona de certa actividade agrícola, con cultivos de tomates, cereais, patacas e plátanos, e gandería vacúa e bovina, cunha menor atención ao sector secundario. Os servicios desenvolvéronse arredor da súa importancia como centro turístico. O núcleo foi a antiga capital da illa, fundada no s XV polo conquistador Alonso Fernández de Lugo, e converteuse en centro universitario e episcopal do arquipélago. O centro histórico artístico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1999. Entre outros monumentos destacan a catedral, a igrexa da Concepción e o palacio episcopal.