Lagunaria

Lagunaria
[PLANTA]

Xénero de árbores, da familia das malváceas, orixinario das illas de Norfolk e Lord Howe. É un xénero de valor dubidoso, polo que algúns autores prefiren considerar este xénero como incluído en Hibiscus. En Galicia e no resto da Península Ibérica, podemos atopar unha especie L. patersonii, que presenta follas prateadas polo envés, flores de cor rosada e froitos con pilosidade interna, que se cultiva como árbore ornamental.