Lakshadweep
Lakshadweep
Nome científico: [ata 1973: Lakşhadvīp, Minnikkōy e Amin Dvīp]
Arquipélago de India, situado no mar de Arabia, a 32 km da costa Malabar e que constitúe un territorio da Unión India (32 km2; 60.595 h [2001]). A capital é Kavaratti (7.000 h [1991]). Está formado por 27 pequenas illas coralinas, cinco delas están deshabitadas e as outras ocupadas polos moplah.