Lamartine, Alphonse de
Poeta e novelista francés. Membro da pequena nobreza, tivo cargos diplomáticos en Italia, como se reflicte na súa obra Carnets du voyage en Italie (1908). Favorable á república autoritaria, en 1834 fundou Le Bien Public e redactou L’Histoire des Gerondins. Católico, cara a 1835 foi partidario dun deísmo humanitario. En 1820 publicou os poemas románticos das Méditations poetiques e logo as Nouvelles méditations (1823), Le dernier chant du pèlerinage de Childe Harold (1825), Le chant du sacre ou la veillée des armes (1825) e Recuillements poétiques (1839). Das súas viaxes por Oriente destacan as obras Voyage en Orient (1835) e Gethsémani ou la mort de Julia. Ministro de Asuntos Exteriores en 1848, escribiu o Manifeste aux puissances e posteriormente publicou Les confidences (1849), Raphaël (1849), Nouvelles confidences (1851), Histoire de la restauration (1851-1853), Graziella (1852) e Cours familier de littérature (1856-1866). Ingresou na Académie Française e no seu discurso de ingreso defendeu o liberalismo político.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Mâcon -
Deceso
Lugar : París