Langmuir, Irving

Langmuir, Irving

Químico e físico estadounidense. Investigou a ionización dos gases e a emisión de electróns polos metais puros e no baleiro perfecto. Inventou a sonda que leva o seu nome, o pliotrón, o tiratrón, o soprete de hidróxeno e ideou o método de sembrar as nubes con ioduro potásico para provocar a chuvia. O seu máximo logro foi o desenvolvemento da teoría das películas monomoleculares na superficie dos sólidos e dos líquidos. Recibiu o Premio Nobel de Química (1932) polos seus avances na química das superficies.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Brooklyn

  • Deceso

    Lugar : Falmouth, Kentucky