Langreo

Langreo

Municipio de Asturias, situado na conca hulleira do Nalón (45.731 h [2001]). Os núcleos máis importantes son Sama e La Felguera. É un importante centro mineiro e siderúrxico, que iniciou a explotación da reserva hulleira no s XVIII. Na actualidade a súa explotación é pouco rendible, aínda que se mantén como centro industrial.