lanzadeira

lanzadeira

(

  1. [TÉXT]
    1. s f

      Peza de madeira dura, de madeira resinificada e prensada ou de material sintético, en forma de barca, coas extremidades afusadas e rematadas coas puntas de ferro, que se emprega para tecer. No interior leva unha canela, da que deixa fuxir o fío de trama cada vez que pasa por dentro a calada do urdido. Nas lanzadeiras de cambio automático de canela Northrop, esta suxéitase por medio dunha pinza e o enfiado é automático.

    2. s f

      Peza de forma semellante que teñen as máquinas de coser.

    3. lanzadeira de cintas

      Lanzadeira en forma de estribeira, provista dunha cremalleira, que corre por unhas guías impulsada por rodas dentadas que contén un rodelo de trama. Emprégase en telares de cintas, que xeralmente tecen moitas cintas estreitas simultaneamente.

    4. lanzadeira de patilla

      Lanzadeira de forma arqueada que se empregaba nos teares de man que tiñan táboas.

    5. lanzadeira de regata

      Lanzadeira desprovista de broca e que no interior ten un dentado para reter os copos de fío.

    6. lanzadeira de volante

      Lanzadeira provista de rodas que se empregaba en teares de man que tiñan táboa.

  2. lanzadeira espacial [COSMON]

    Sistema de transporte espacial baseado na idea de foguete recuperable. Consiste, esencialmente, nun vehículo espacial de forma sensiblemente similar á dunha aeronave, dotado dun motor principal de combustible líquido ou SSME (Space Shuttle Main Engine), que se lanza coa axuda do pulo dun conxunto acelerador -un tanque exterior máis dous foguetes aceleradores ou SRB (Solid Rocket Booster)-, que se separa do vehículo cando acada a órbita desexada (o tanque exterior destrúese ao caer, e os SRB son recuperados). Unha vez completada a misión programada, o vehículo retorna á terra planando e aterra nunha pista de dimensións especiais. A idea de abaratar o custo dos programas espaciais baseados nos foguetes non recuperables estimulou o proxecto estadounidense Space Shuttle (lanzadeira espacial). A NASA construíu ata 1985 catro unidades da lanzadeira espacial (o Columbia, o Challenger, o Discovery e o Atlantis). O CNES francés desenvolve os estudios para a consecución do proxecto da lanzadeira europea Hermes, e outro similar fan as axencias espaciais rusa e xaponesa. O programa estadounidense comezou en 1981 coa nave Columbia.