lanzafoguetes

lanzafoguetes

(

s m [BÉL]

Armazón que serve para o lanzamento de proxectís autopropulsados e sen guía ou de foguetes. O termo emprégase para designar os lanzadores múltiples (MRLS, Multiple Rocket Launcher System), mentres que os individuais e portátiles son lanzagranadas. Montado sobre un vehículo, consta de 12 a 20 alvéolos coas súas guías correspondentes. Dispara salvas de proxectís de 100 a 300 mm cun alcance de ata 30 km, cunha cadencia rápida. Utilízase para cubrir zonas, compensando coa súa potencia de fogo a pouca precisión dos foguetes.

Palabras veciñas

lanzadeira | lanzado -da | lanzador -ra | lanzafoguetes | lanzafouces | lanzafume | lanzagranadas