Lar

Lar

Publicación literaria editada na Coruña a partir do 29 de novembro de 1924. Cesou a súa edición ao redor de agosto de 1926 (nº24). Fundada e dirixida por Leandro Carré Alvarellos, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Moret. Trátase dunha “Revista quincenal” dedicada á publicación de novelas curtas de Wenceslao Fernández Flórez, R. Otero Pedrayo e Vicente Risco, entre outros.