Lar
Lar
Publicación editada en Bos Aires a partir de 1934, e que cesou a súa edición ao redor de 1963. Subtitulouse “Revista de la Asociación Gallega de Beneficencia y Mutualidad. Hospital Gallego” e a súa periodicidade era bimensual; co tempo converteuse en trimestral e, finalmente, en anual. Dirixida por Ramón D. Villar, incluíu, ademais de información societaria, artigos sobre Galicia e poesía.