Larouco
Larouco
Publicación editada en Bande a partir de 1991. Subtitulouse “Revista da Historia primitiva, tradicións orais e patrimonio cultural de Galicia. Grupo arqueolóxico Larouco”. Dirixida por Antonio R. Colmenero e difundida por Ediciós do Castro, incluíu artigos de historia, arqueoloxía e prehistoria de destacados investigadores galegos.