Larsa

Larsa

Antiga cidade de Babilonia, correspondente á actual Senkere. Constituída no IV milenio a C, foi capital dun reino que, xunto co de Isin, tivo un gran poder en Mesopotamia meridional entre 1960 e 1735 a C. Caeu despois baixo o dominio da dinastía babilónica de Hammurabi.