Larsa
Larsa
Grupo lácteo creado en Vigo, co nome de Lacto Agrícola Rodríguez SA, en 1947 e dedicado ao envasado de leite e á comercialización de produtos derivados. Na decáda de 1950 converteuse no primeiro grupo lácteo galego e estivo formado polas empresas Arjeriz, Vega de Oro, Central Lechera de Pontevedra e Industrias Lácteas Agrupadas. En 1991 adquiriuno Union Laitière Normande (ULN) a través da súa filial española Iberlat que, á súa vez, se fusionou con Central Lechera Asturiana en 1997.