Lartundo, Ramón de

Lartundo, Ramón de

Escritor e xornalista. Colaborador de El Anunciador de Pontevedra e do Faro de Vigo, fundou en Madrid a revista Correspondencia de los Niños, xunto con José Chavarri. Ademais, pertenceu á redacción de El Magisterio Español e colaborou noutros medios de Madrid e Barcelona. Escribiu diversas obras teatrais e o libro de versos en galego A unha farruca.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Madrid