larva
larva
(< larva ‘máscara’)
s
f
[ZOOL]
Estadio de desenvolvemento embrionario dun animal que ten lugar fóra do ovo ou do corpo dos proxenitores e no que acada o estado adulto, a través de toda unha serie de cambios ou metamorfose. A fase larval é característica de case todos os subtipos pero a miúdo non se presenta nos grupos máis evolucionados dun determidado subtipo. É de carácter temporal, e ten como misión permitir a dispersión xeográfica da especie, cando os adultos son sésiles e a larva libre, ou ben pode servir para acumular materias nutritivas que permiten acadar o estado adulto ou reprodutor, cando a cantidade de vitelina nos ovos é escasa. A maioría das especies presentan importantes diferencias entre a larva e a forma adulta.