lasca
(< gótico laska ‘anaco’)
-
s
f
Fragmento pequeno que se desprende dun núcleo de pedra, normalmente de sílex. Polo seu tamaño distínguense entre microlascas e grandes lascas. Poden presentar múltiples variantes segundo a súa forma: de chafrán, de dorso, truncadas, de ángulo e oblicuas. Ademais presentan variantes segundo a técnica empregada.
Ex: Os canteiros teñen que ter moito coidado coas lascas de pedra.
Confrontacións: laxa. -
s
f
Fragmento minúsculo de madeira, metal ou doutro material que se desprende dun máis grande.
Ex: As lascas de madeira enchían o obradoiro.
Sinónimos: labra, limadura. -
s
f
Tallada fina.
Ex: Boteille unha lasca de xamón ó guiso para darlle sabor.
-
s
f
[MAR]
Nó mariñeiro que resulta de pasar o chicote dun cabo ao redor do firme e despois de abaixo a arriba polo seo que se forma, de xeito que adquire forma de oito.