labra

labra

(< labrar)

  1. s f
    1. Acción de labrar a terra.

      Ex: Onte realizaron a labra.

      Sinónimos: labradura.
    2. Época en que se realiza este labor.

      Ex: Durante a labra todos os veciños nos axudan.

      Sinónimos: labranza, labrega.
  2. s f

    Acción e efecto de traballar ou labrar a pedra, a madeira ou outros materiais.

    Ex: A labra do cruceiro levou máis tempo do previsto.

  3. s f

    Anaco fino e delgado que se desprende da madeira ou doutros materiais ao labralos.

    Ex: O chan do obradoiro estaba cheo de labras.

    Sinónimos: lasca.

Formas incorrectas

viruta