latexo

latexo

(< latexar)

    1. s m [FISIOL]

      Cada un dos movementos producidos polo corazón e as arterias ao dilatarse e contraerse.

      Sinónimos: palpitación. Confrontacións: pulsación, pulso.
    2. latexo de captura [FISIOL]

      Latexo producido por un estímulo eléctrico illado do nódulo sinusal que despolariza os ventrículos cando estes están gobernados por un foco ectópico ventricular ou nodal.

    3. latexo de fusión [FISIOL]

      Latexo provocado pola actividade case simultánea de aurículas e ventrículos por dous estímulos nacidos en dous marcapasos diferentes.

    4. latexo ectópico [FISIOL]

      Latexo ocasionado por unha contracción cardíaca cunha orixe eléctrica situada en calquera outro lado diferente do nódulo sinusal.

    5. latexo prematuro [PAT]

      extrasístole.

  1. s m

    Golpe producido por ese movemento.

Palabras veciñas

látex | latexante | latexar | latexo | Latham, John | Lathyrus | lati-