Látigo, El
Látigo, El
Publicación editada en Pontevedra a partir do 9 de maio de 1886. Cesou a súa edición ao redor de 1889. De tendencia republicana e progresista, subtitulouse “Periódico Jocoserio independiente”. En abril de 1889 reapareceu nunha segunda época, dirixido por Ricardo Míser e editado na imprenta de L. Carvajal Puga.