Laudio

Laudio
Nome científico: [Nome cooficial cast: Llodio]

Municipio de Araba, Euskadi, situado á beira do río Nerbión, a poucos quilómetros de Bilbao (18.931 h [2001]). A actividade económica principal é a industrial, na que predominan os sectores químico e siderúrxico. En segundo lugar, destacan os cultivos de avea, cebada, patacas e forraxe, e a gandería, especialmente a explotación de gando bovino. As orixes remóntanse aos pobos trashumantes que se instalaron na zona.