Laue, Max Theodor Felix von
Laue, Max Theodor Felix von
  
  
        
  
  
  
  
        Físico alemán. Foi director do Instituto Max Planck de química física (Berlín). Fixo importantes investigacións sobre os raios X (difracción a través de cristais), que permitiron máis adiante utilizar estas radiacións para analizar a estrutura molecular de moitas substancias. Das súas obras destacan Die Relativitätstheorie (Teoría da relatividadde, 1911) e Geschichte der Physik (Historia da Física). En 1914 recibiu o Premio Nobel de Física polo descubrimento da difracción de raios X a través de cristais.
Cronoloxía
- 
                        NacementoLugar : Pfaffendorf
- 
                        DecesoLugar : Berlín
