Laurencia
Laurencia
[PROTISTA]
Xénero de algas rodofíceas da familia das rodomeláceas. Na costa galega atópase a especie L. pinnatifida, alga de consistencia carnosa, de pequeno tamaño, talos de cor vermella escura que se fixan por medio de rizoides ás rochas, e que aparece no litoral medio ou inferior.