Laurencin, Marie
Laurencin, Marie
Pintora e poetisa. Relacionouse con Georges Braque, Picasso e Apollinaire e frecuentou o Bateau-Lavoir. En 1905 expuxo os seus primeiros traballos no Salón des Indépendants e publicou os seus poemas co pseudónimo de Louise Lolanne. Recibiu a influencia dos cubistas en obras como Apollinaire et ses amis. Na súa produción posterior pintou figuras femininas estilizadas, de cores suaves. Ilustrou numerosos libros, como Alice’s Adventures in Wonderland, de Lewis Carroll, e La tentative amoureuse, de André Gide, e realizou escenografías para os Ballets Rusos (1924) e a Comédie-Française (1928).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : París -
Deceso