Lauterbur, Paul
Lauterbur, Paul
Químico estadounidense. Foi profesor de química nas universidades de Nova York, Illinois e profesor e director do Biomedical Magnetic Resonance Laboratory da University of Illinois. Entre as suas obras sobresae Principles of Magnetic Resonance Imaging: A Signal Processing Perspective (1999), e dos seus artigos recentes destacan “Maximum Cross-entropy Generalized Series Reconstrution” (1999) e “Lactate Quantitation in a Gerbil Brain Stroke Model by GSLIM of Multiple Quantum-filtered Signals” (1999). En 2003 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, xunto con P. Mansfield, polos seus descubrimentos relativos ao uso da resonancia magnética, que representan un cambio no diagnóstico e na investigación médica.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Sidney, Ohio