Lavelli, Jorge
Lavelli, Jorge
Director de escena. Iniciou a súa actividade teatral en Arxentina, co grupo Teatro de Ensayo. En 1960 viaxou a París para estudar nas escolas de Charles Dullin e Jacques Lecoq. Gañou en 1963 o premio para novas compañías teatrais cun espectáculo a partir de O matrimonio, de Witold Gombrowicz. Iniciou así unha frutífera carreira onde abundan os espectáculos sobre textos de Arrabal, Ionesco, Handke ou Copi. Entre 1988 e 1996 dirixiu o Théâtre de la Colline, onde continuou coas súas postas en escena de autores destacados e diversos espectáculos con compañías e teatros de Francia, Italia ou España.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bos Aires