Lavoisier, Antoine Laurent

Lavoisier, Antoine Laurent

Químico. Desenvolveu a teoría correcta da combustión, desterrou a vella idea do floxisto e fixo nacer a química moderna baixo o principio da conservación da materia. Perfeccionou os experimentos de Cavendish e de Priestley, obtendo o “aire inflamable” e o “aire vital”, que denominou hidróxeno e osíxeno, respectivamente. Sinalou que son os dous compoñentes da auga, que descompuxo e despois sintetizou no laboratorio en colaboración con Meusnier en 1785. Tamén demostrou que o aire atmosférico non é un corpo simple, senón unha mestura de osíxeno e nitróxeno, e interpretou correctamente a natureza composta dos ácidos sulfúrico, fosfórico e outros. Finalmente, aplicou os seus coñecementos químicos na fisioloxía, feito que permitiu esclarecer o mecanismo da respiración e da combustión interna dos seres vivos. Entre as súas obras destacan a obra colectiva Méthode de nomenclature chimique (1787), onde contribuíu decididamente a poñer as bases da nomenclatura química actual, e Traité élémentaire de chimie (1789).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : París

  • Deceso