Le Duc Tho
Le Duc Tho
Político vietnamita. Foi un dos fundadores do Partido Comunista de Vietnam (1930) e do Viet-minh (1941). Figura destacada da República Democrática de Vietnam, participou como membro especial da delegación de Vietnam nas conversas de París (1968-1973). O tratado de paz que se derivou destas conversas valeulle o Premio Nobel da Paz de 1973, que rexeitou. Entre 1976 e 1986 foi membro do Politburó e secretario de organización do Partido Comunista da República Socialista de Vietnam.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Dich Le -
Deceso
Lugar : Hanoi