Le Gros Clark, Wilfrid Edward
Le Gros Clark, Wilfrid Edward
Paleoantropólogo británico. Xefe do departamento de Anatomía Humana de Oxford (1934-1962), en 1953 desenmascarou a fraude do home de Piltdown e en 1964 estableceu que os xéneros Atlanthropus, Maueranthropus, Sinanthropus, Pithecanthropus eran variantes rexionais do Homo erectus. Os seus traballos centráronse nas relacións entre o home e os outros membros da orde dos primates. Entre as súas obras destacan History of the Primates (1949) e Antecedents of Man (1962).
Cronoloxía
-
Nacemento
-
Deceso