Leal Insua, Francisco

Leal Insua, Francisco

Escritor e xornalista. Colaborador en diversos medios de comunicación, como ABC, foi redactor xefe de El Progreso (1938) e director de Faro de Vigo (1949-1961), de El Correo Gallego e da revista internacional Mundo Hispánico. Ademais foi director de publicacións da axencia de noticias EFE. Na súa obra poética mesturou elementos procedentes das fontes clásicas xunto a outras tendencias líricas do s XX sen moita artificiosidade. É autor dos volumes de poesía Horas (1935, 1959), Te he buscado (1939, 1945), Versos: 1ª antología (1945, 1955), Trivium (1955), Mi soledad sonora (1955); os ensaios Las cosas (1941, 1955) e Faro de Vigo y su proyección (1965), a biografía Pastor Díaz, príncipe del romanticismo (1943) e a colección de artigos La siembra en el viento (1955). Promoveu a edición da obra poética completa de Antonio Noriega Varela. Recibiu o Premio Internacional de Poesía en Lisboa (1943), o Premio Nacional de Periodismo Marqueses de Taurisano (1963) e a Medalla Castelao (1995).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Viveiro

  • Deceso

    Lugar : Madrid