Lefebvre, Henri

Lefebvre, Henri

Filósofo e sociólogo francés. Abandonou o partido comunista por diferencias ideolóxicas coa dirección. Considerou o pensamento de K. Marx como a clave do humanismo e centrou as súas investigacións nos problemas da vida cotiá, da socioloxía agraria e urbana e do humanismo marxista. Escribiu Logique formelle et logique dialectique (1947), Les Pyrénnées (1965), Du rural à l’urbain (1970), La fin de l’histoire (1970) e Le retour de la dialectique (1986).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Hagetmau, Landes

  • Deceso

    Lugar : Pau