Legnica
Legnica
Cidade de Polonia (109.124 h [2000]). É un núcleo industrial situado na Baixa Silesia, que destaca pola fabricación de instrumentos musicais. Do seu patrimonio cultural destacan o Piastenschloss (ss XIII-XIV, reconstruído en 1835) e as igrexas de San Paulo e San Pedro (s XIV) e San Xoán (finais do s XIII, reconstruída entre 1714 e 1727).