Lema Suárez, Xosé María
Profesor. Catedrático de ensino secundario e doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela coa primeira tese defendida en galego nesta especialidade (1991). Foi profesor asociado de historia da arte na USC (1991-1992), colaborador do ILG e do ICE da USC. A súa obra relaciónase coa historia, historia da arte, etnografía, lexicografía, onomástica e outras áreas de coñecemento. Publicou Bamiro, un estudo do hábitat rural galego (1977), Historia do C.D. Baio e a liga da Costa (1989), A arte relixiosa na Terra de Soneira (1993), Un novo documento de D. Juan Antonio Posse: a ‘Plática Tercera’ (1838) (1998), O castelo de Vimianzo e os Moscoso de Altamira (1998), Arquitectura megalítica da Costa da Morte (1999), Os mellores pazos da Costa da Morte (2001) e Os faros da Costa da Morte (2001). É coautor do Dicionario Xerais da Lingua (1985), do método audiovisual Edigal-Galego (1985), do Dicionario dos Nomes Galegos (1992) e do Gran Dicionario Xerais da Lingua (2000). Membro do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos (sección etnografía), da Asociación Galega de Onomástica e correspondente da Real Academia Galega (2002). Foi Premio Pedrón de Ouro de Etnografía (1976) e Antón Losada Diéguez de Investigación (1994).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bamiro, Vimianzo