Lemnos ]

Lemnos ]

Illa grega do mar Exeo (476 km2; 22.000 h [1981]). De constitución volcánica, o relevo é pronunciado e as costas son recortadas. A poboación vive da pesca e da agricultura. Habitada por unha poboación de orixe tracia, acolleu aos membros dunha poboación tirrena, cunha civilización afín á etrusca. A partir do s VI a C foi colonizada por Atenas, e na época helenística foi dominada por Roma. Caída en mans dos turcos en 1456, converteuse definitivamente en territorio grego en 1913. Ten importantes vestixios das diversas culturas e civilizacións e Kaminia, Miria e Hefestia.