Lemos, Diego de
Líder da revolta irmandiña, fillo de Alonso López de Lemos e Balboa, señor de Sober e Pantón. Capitaneou a Segunda Guerra Irmandiña (1467-1469), xunto con Alonso de Lanzós e Pedro Osorio. Enfrontouse a Pedro Álvarez Osorio, conde de Lemos, e destruíu algunha das súas fortalezas. Acudiu a Pontedeume en axuda de Alonso de Lanzós, pero este xa abandonara a batalla, e Pedro Madruga convidouno a abandonar a loita. Quedou libre e regresou a Ferreira de Pantón. En 1471 o seu pai instituíu no seu favor o morgado de Ferreira e Sober. Na loita sucedida entre o II Conde de Lemos, Rodrigo Enríquez de Castro, e a casa de Benavente, actuou como xuíz. Exerceu a xurisdición sobre o mosteiro de Valverde ata que en 1486 os Reis Católicos lle propuxeron abandonala.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Ferreira de Pantón