Lemos, Val de

Lemos, Val de

Comarca natural situada no S da provincia de Lugo e que coincide coa comarca da Terra de Lemos. Corresponde coa depresión tectónica do río Cabe e os seus afluentes, coincidindo cunha sucesión de superficies de aplanamento a distintos niveis e dominadas pola sensación de planitude, só alterada polos canóns dos ríos Cabe, Miño e Sil e polos contrafortes occidentais da veciña serra do Courel. É unha das comarcas naturais mellor delimitada pola depresión do sector central, enmarcada por unha serie de montañas circundantes.